O torreiro
Baudelaire e Rilke afirmaron que a verdadeira patria é a infancia. Unha patria en ocasións inhóspita, fría, na que a mirada infantil busca a luz entre as tebras, co impulso irresistible do gromo que fura o duro talo reseco da esgotada planta. Mais o tempo pasa, a luz esmorece…, e unha chega a esquecer que nun recanto profundo da alma segue esa nena, coa súa mirada limpa e expectante, quizais cunha muda acusación. Esa nena da que apenas queda o esvaído recordo. E unha pregúntase, como Celso Emilio: Que diría de min a nena que fun? A resposta non é moi alentadora.
Porén, a vida é imprevisible. E un día esa nena aparece debruzada nunha páxina en branco, coa súa mirada soñadora famenta de beleza, rescatada da longa noite da memoria por un ser sensible e luminoso que resulta ser filla miña, e filla súa, quizais máis súa que miña, froito máis da súa teimosa persistencia que das miñas escasas forzas. Velaí como a vida tece fíos vagarosos e subtís entre o pasado e o presente, entre a sombra e a luz.
Dores Pereira
Referencias
Na romantización da paisaxe e na idea de o pequeno que é o ser humano respecto á natureza, Caspar Friedrich é un pintor que tiven presente
Para construir a estética do circo, de liña máis grosa e expresionista inspireime en Bernard Buffet. As súas figuras cun aire melancólico casan co tono deste relato
En canto á narrativa, en certo modo cinematográfica, unha referencia é o gran acuarelista e viñetista italiano Gipi. O ritmo e a idea de contar tamén co cromatismo.
O casting
Referencias visuais como as películas Cría Corvos para , as revistas que adoitaba ler a miña nai, as paisaxes de Atios, imaxes metafóticas como as viñas como arañas, compuxeron o collage no que me basei para construir as ilustracións deste relato
As fotografías antigas da familia, as actrices de películas de mediados de s.XX , esceas de circo, unha vai compondo uns recordos inexistentes, através da construción dun imaxinario e das conversas con Dores.
As ilustracións
Utilicei unha técnica mixta acuarela+pastel+tinra. Como toda a obra traballa coa dicotomía escuridade/ luz, pensei que traballar con acuarela era un bo xeito de traballar as paisaxes e as partes que requerían máis luz
En contraste con esta luz, os pasteis permítenme acadar máis textura e plasticidade e a liña de tinta para garabatear e definir certos rasgos cando conviña
As autoras
Dores Pereira traballa como profesora de Lingua Galega nun instituto da contorna e ocupouse da parte literaria, que recolle a súa experiencia persoal con estas plantas e información sobre usos medicinais, curiosidades, refráns ou cancións
Paula Lago é Licenciada en Arquitectura e dende hai uns anos está estreitamente ligada á creación artística, en especial á pintura, ocupouse da ilustración e do deseño editorial.
Colabora
Actualmente estamos preparando a Santa Campaña de financiamento para conseguir levar a diante esta obra e facerlle chegar o libro a canta máis xente mellor. Se estás interesada/o en apoiar este proxecto síguenos en instagram, iremos informando dos avances da campaña. Tamén podes inscribirte na nosa listaxe de novas en info@paulalago.com